Saltar ao contido

Privacidade

A persoa responsable do tratamento é Julián Graña Fernández. Podes escribir a [email protected].

CuentaLimpia é unha web estática aloxada en Cloudflare. As calculadoras execútanse no teu navegador: nada do que escribes, importes, datas, comunidade ou situación familiar, se garda nin se envía a un servidor para obter o resultado.

Este sitio non instala cookies, nin propias nin de analítica. Cloudflare Web Analytics, o medidor do aloxamento, non usa cookies e só ofrece cifras agregadas. Non hai conta de usuario nin base de datos de cálculos.

Se premes se un cálculo ou unha guía che serviu, gardamos só o reconto anónimo de si e de non desa páxina e dese idioma. O comentario é opcional, ten como máximo 280 caracteres e non debe incluír datos persoais: non gardamos o teu nome, o teu correo nin o teu IP xunto a ese voto. Se o almacén non está configurado, o botón igual responde «Grazas» e non se garda nada.

O service worker só garda na caché do navegador os arquivos deste mesmo sitio, para reabrir unha calculadora sen conexión. Non envía avisos e non mide a visita.

Cloudflare, como calquera aloxamento, pode anotar nos seus rexistros técnicos o enderezo IP e a páxina pedida. Eses rexistros non os xera o cálculo. Os resultados que ves son estimacións, non unha resolución da Axencia Tributaria nin da Seguridade Social.